|
PARA AS SOCIEDADES
- Axudámoslle a decidi-la forma xurídica idónea
para a súa actividade: S. A., S.L., Cooperativa, Sociedade Laboral,
Civil....
- Redactamos os estatutos da súa sociedade para
optimizar as vantaxes legais e fiscais e proporcionarlle a maior
seguridade xurídica. Non deixamos que esas fundamentais decisións
as tomen os "procesadores de textos"
- Aconsellámoslle verbo da estructura financeira
da súa empresa. Estudiamos as mellores opcións de financiamento.
Buscamos posibles subvencións Estimamos a viabilidade empresarial.
- Estudiamos as mellores estratexias fiscais
para o reparto dos beneficios. Optimizamos a política de investimentos
dende o punto de vista fiscal
- Planificamos os grupos de empresas familiares,
a fin de aproveitar os importantísimos beneficios no Imposto de
Sucesións e Doazóns e no Imposto sobre o Patrimonio. Orientámoslle
na sucesión empresarial
- Estudiamos ós seus competidores. Vixiámo-la
solvencia dos seus clientes e provedores.
PARA EMPRESARIOS E PROFESIONAIS INDIVIDUAIS
- Aconsellámoslle sobre os diferentes sistemas
de estimación do rendemento no IRPF: Calculamos as vantaxes e
os inconvenientes de cada opción para vostede.
- Respostamos ás súas preguntas: ¿Convén acelera-las
amortizacións?, ¿Cando debera incrementa-lo persoal? ¿É mellor
contratar un Leasing?, ¿Sería beneficioso constituír unha sociedade?,...
- Asesorámoslle en materia laboral: Contratos,
sancións, despidos, representación sindical,...
PARA PARTICULARES
- Facemos as súas declaracións fiscais
- Aconsellámoslle na redacción dos seus documentos
con transcendencia tributaria: Compravendas, arrendamentos, capitulacións
matrimoniais, testamentos,...
- Planificamos fiscalmente a súa sucesión para
aproveitar idóneamente tódalas vantaxes e bonificacións.
- Axudámoslle a estructura-lo seu patrimonio
para evitar tributacións innecesarias e facilita-la sucesión.
|